Rueda promete "escoitar" a docentes e anpas sobre as renuncias a usar o libro dixital nas aulas

O que encadrou nunha "tendencia" que existe noutros países de Europa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2024 | Actualizada ás 16:22

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comprometeuse a que a Consellería de Educación "escoitará" aos docentes e as anpas sobre o uso do libro dixital despois de que varios centros educativos galegos renunciasen á súa implantación, o que encadrou nunha "tendencia" que existe noutros países de Europa sobre o emprego de novas tecnoloxías nas aulas.

A preguntas dos xornalistas este luns na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o mandatario autonómico incidiu en que a Administración autonómica ten constancia de que se están producindo "algunhas renuncias" ao emprego do libro dixital, pero "segue habendo moitísimos máis centros" nos que "se está implantando sen ningún tipo de problema".

Para Rueda, o "replantexamento" da implantación destas ferramentas electrónicas e un posible regreso ao libro de texto tradicional é "unha tendencia" que se dá noutras comunidades e países europeos que "non ten que levar a ningún tipo de preocupación".

Por tanto, subliñou que a Consellería de Educación que dirixe Román Rodríguez "escoitará" aos docentes, que son quen "están sobre o terreo" e "coñecen moi ben do que falan"; e tamén solicitará a opinión das Anpas para, a partir de aí, "actuar en consecuencia" en exercicio das competencias en mans da Xunta.

"A día de hoxe seguen sendo moitos máis os centros onde está establecido con normalidade o libro dixital que aqueles nos que se están reformulando volver aos libros tradicionais ou os métodos tradicionais. Creo que é un movimento que hai que escoitar e, en función do que escoitemos, actuaremos en consecuencia", aseverou.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha reunión do Consello da Xunta. DAVID CABEZON / XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha reunión do Consello da Xunta. DAVID CABEZON / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta