Están Chantada, Terra de Lemos, O Ribeiro, Terra de Celanova e O Deza entre os puntos con máis lonxevidade do planeta?

O experto en envellecemento Michel Poulain inicia o seu traballo de campo para estudar a lonxevidade en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2024 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

O experto en envellecemento e profesor da Universidade Católica de Louvain, Michel Poulain, compartiu este luns un encontro coa conselleira de Política Social, Fabiola García, e varios alcaldes galegos para abordar a posible declaración de 'blue zones' en Galicia, que distinguen os puntos con máis lonxevidade do planeta.

O fundador do proxecto 'Blue Zones', que distingue os puntos do planeta que reúnen as condicións para que a poboación poida alcanzar os 100 anos de vida, desenvolverá o seu traballo de campo na Comunidade galega durante as próximas semanas. Para iniciar este proceso, Poulain reuniuse con García, o presidente da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía, Chema Faílde, o director do IGE, José Antonio Campo Andión, o catedrátrico de Medicina Preventiva, Alberto Ruano, e alcaldes das comarcas de Chantada, Terra de Lemos, O Ribeiro, Terra de Celanova e O Deza.

Durante os próximos días, este experto visitará estas comarcas para ver se reúnen os requisitos para ser declaradas 'Blue zones', unha distinción que teñen na actualidade seis territorios coa poboación máis lonxeva do mundo: Sardeña (Italia), Ikaria (Grecia), Martinica (Francia), Nicoya (Costa Rica) e Okinawa (Xapón).

O experto en envellecemento e profesor da Universidade Católica de Louvain, Michel Poulain, nun encontro coa conselleira de Política Social, Fabiola García, e varios alcaldes galegos
O experto en envellecemento e profesor da Universidade Católica de Louvain, Michel Poulain, nun encontro coa conselleira de Política Social, Fabiola García, e varios alcaldes galegos | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta