Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2024 | Actualizada ás 20:16
O festival de arte pública Rexenera Fest chega á súa décima edición en Carballo, segundo informa a Deputación da Coruña que destaca a "calidade do evento". Será do 30 de maio ao 9 de xuño nunha cita organizada polo departamento de Promoción Económica e Turismo do Concello carballés con apoio do organismo provincial.
"O museo ao ceo aberto no que se converteu Carballo grazas ao proxecto 'Derrubando muros con pintura' sumará cinco novos espazos aos 119 actuais e durante o próximos dez días ofrecerá a veciños e visitantes a posibilidade de seguir ao minuto as intervencións dos artistas participantes este ano", sinala.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.