O Goberno estenderá a cobertura móbil 5G aos concellos galegos de menos de 10.000 habitantes

Afectará a 146.000 persoas e a máis de 4.600 quilómetros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2024 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o deputado e portavoz de Economía no Congreso, Pedro Casares, avanzaron que o Executivo central vai investir 53,1 millóns de euros na comunidade galega para levar a cobertura móbil 5G a concellos de menos de 10.000 habitantes.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o deputado e portavoz de Economía no Congreso, Pedro Casares, visitaron as instalacións da empresa Cinfo, na Cidade do TIC da Coruña. DELEGACIÓN DO GOBERNO
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o deputado e portavoz de Economía no Congreso, Pedro Casares, visitaron as instalacións da empresa Cinfo, na Cidade do TIC da Coruña. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Fixérono este venres nunha xornada de traballo na que visitaron as instalacións da empresa Cinfo, na Cidade do TIC da Coruña, acompañados polo seu presidente e tamén do Clúster TIC, Antonio Rodríguez do Curral. Blanco anunciou que o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública publicou este xoves a resolución provisional destas axudas, enmarcadas no programa ÚNICO Redes Activas.

Esta iniciativa, segundo explicou, mobiliza 508 millóns de euros en todo o país para levar a infraestrutura necesaria que dote de cobertura 5G a máis de 1,8 millóns de habitantes de municipios pequenos, ademais de dar cobertura a 30.000 quilómetros da rede de estradas. En Galicia, en concreto, afectará a 146.000 persoas e a máis de 4.600 quilómetros.

Para Casares con esta medida o Goberno está "a apostar de forma de decidida por unha Galicia máis verde e dixital" co obxectivo de garantir que, a finais de 2025, "todo o territorio conte con conexión a Internet de alta velocidade, ben por fibra ou por satélite, e que a cobertura 5G sexa accesible a toda a poboación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta