Por Galicia Confidencial | Oia | 30/10/2015 | Actualizada ás 16:40
O Partido Popular e Converxencia Galega en Oia alíanse. O seu obxectivo público dende este venres é unha moción de censura para botar a Rosa Otero (PSdeG).
A socialista goberna en minoría con tres concelleiros, ao lograr na investidura o apoio do Bloque e de Converxencia. Agora o PP con catro e Converxencia Galega con tres edís, teñen representantes dabondo para gobernar sen agobios, pois só queda fóra o PSOE e o BNG, que ten un só.
PP e Converxencia pactan un día despois de que renunciase o anterior alcalde e ata onte portavoz municipal conservador, Alejandro Rodríguez. Ambas as formacións enviaron un comunicado conxunto no que argumentan que co novo goberno haberá "normalidade e estabilidade" fronte a "perda de confianza" no actual.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.