Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2024 | Actualizada ás 15:06
O Goberno galego aprobou este luns a ampliación na oferta da Formación Profesional que avanzaba a semana pasada o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Así, o próximo curso haberá case 47.000 prazas, tras un aumento de máis de 4.000, e crearanse dous novos ciclos en transporte por estrada e en aproveitamento forestal.
É, en palabras de Rueda, a "maior oferta de prazas de FP da historia de Galicia" que se complementa con 17 novas titulacións, xa que, ademais dos dous novos ciclos, haberá dous novos másteres e outros 13 títulos de alta especialización. En total, o catálogo ascende a 214.
"Crece a oferta en todas as titulacións", confirmou o presidente autonómico, quen destacou que no caso da FP dual, onde a inserción é "do 100%", o aumento na oferta é do 45%. Así, incrementaranse un 11% as prazas de novo ingreso para o vindeiro curso, o que supón case 47.00 prazas, 4,700 máis que o curso actual. Tamén medrará a oferta en todas as titulacións, case un 45% máis na FP dual e 52,% en master e títulos de alta especializción.
Deste xeito, no conxunto de Galicia haberá 214 titulacións, e dous novos ciclos; un novo grao en aproveitamento forestal e outro en condución de transporte por estrada, así como dous novos master; un de especialista en buscadores dixitais e outro de redactores en contidos dixitais. "Trátase dunha oferta histórica para consolidar a FP e poñer a Galicia na vangarda da FP", destacou Rueda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.