Facendo fronte ó Radón no ámbito laboral na xornada técnica do Issga

Pablo Fernández destaca a colaboración entre o Issga e a Consellería de Sanidade na implementación do Plan Reduce Radón, durante a xornada técnica sobre o radón no ámbito laboral.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/06/2024 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou por videoconferencia na apertura da xornada técnica 'O radon no ámbito laboral' organizada de forman en liña polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga). O Instituto, con esta xornada, busca dar resposta á súa función de promoción, sensibilización e asesoramento técnico a todos os actores implicados na prevención dos riscos no ámbito laboral, facilitando o cumprimento normativa e en concreto da concreción ás actuacións programadas para facer fronte ao risco do radón no ámbito laboral.

Ademais de divulgar o coñecemento técnico e normativo para o control deste contaminante, Fernández lembrou que o Issga colabora coa Consellería de Sanidade no desenvolvemento do plan reduce radón. O plan establece as estratexias e as actividades a desenvolver polas diferentes administracións públicas de Galicia co obxectivo de reducir o risco para a saúde da poboación por exposición ao radón, colaborando nas estratexias e actividades dirixidas ao ámbito laboral.

Investigadores relacionan o radón cun aumento do risco de cancro pulmonar.
Investigadores relacionan o radón cun aumento do risco de cancro pulmonar. | Fonte: ENAC - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta