O ano 2024 trouxo a Galicia a terceira primavera máis húmida desde 1961 cun 67% máis de choivas do que sería habitual

A primavera de 2024 foi cálida, cunha temperatura media de 12,9 graos, cinco décimas por encima do normal, fundamentalmente polo mes de abril, considerado "moi cálido" ao alcanzarse de media os 13,8 graos (+1,9)

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2024 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

Galicia viviu a terceira primavera máis húmida desde o ano 1961 ao rexistrar un 67% de choivas máis do habitual, especialmente nos meses de marzo e maio.

Ademais, a primavera foi cálida, cun valor medio de 12,9 graos, cinco décimas por encima do considerado normal para a época do ano.

Así figura no balance feito este luns por Meteogalicia á conclusión do mes de maio, co que se pecha o período considerado como a primavera climatolóxica (marzo, abril e maio).

O terceiro trimestre de 2024 rexistrou unha precipitación media de 511 l/m2, o que representa un 67% máis do que habitualmente recollen as 16 estacións máis representativas de Meteogalicia.

A anomalía nas choivas foi provocada polos húmidos meses de marzo e maio, nos que chegaron a alcanzar anomalías de máis do 148% nas precipitacións.

Maio, cunha anomalía media do 78%, converteuse no quinto máis húmido desde que hai que rexistros. En cambio, as choivas en abril foron uns 8% inferiores ao habitual.

TEMPERATURAS

A primavera de 2024 foi cálida, cunha temperatura media de 12,9 graos, cinco décimas por encima do normal, fundamentalmente polo mes de abril, considerado "moi cálido" ao alcanzarse de media os 13,8 graos (+1,9).

Pola contra, marzo e maio foron lixeiramente fríos, con medias de 10,6 e 14,2 graos, respectivamente, o que significa unha anomalía media dúas décimas inferior ao normal.

Unha persoa con paraugas para protexerse da choiva / Gustavo de la Paz - Europa Press  / Europa Press
Unha persoa con paraugas para protexerse da choiva / Gustavo de la Paz - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta