Galicia asumirá a representación autonómica en reunións da UE sobre retos enerxéticos e climáticos

Segundo anunciou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2024 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

Galicia asumirá a representación autonómica nos consellos de ministros da Unión Europea que debaterán este ano sobre os retos ambientais, enerxéticos e ambientais, segundo anunciou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez.

Fíxoo no marco do acto de adhesión de Galicia á Climate Alliance, unha organización a nivel mundial que promove medidas locais fronte ao cambio climático e cuxo director, Thomas Brose, visitou a comunidade autónoma.

Segundo explicou a responsable galega, a Xunta asumirá a representación autonómica en ambas as reunións "e será a encargada de defender a postura común entre as distintas materias e normativas que se sometan a debate e conideración en relación aos retos de futuro relacionados co medio ambiente, a transición enerxética ou o cambio climático".

APOIO A CANARIAS SOBRE O LITORAL

Por outra banda, nesta xornada a comunidade autónoma galega trasladou o seu apoio a Canarias nas xestións que está a realizar para exercer "plenamente" as súas competencias para ordenar o litoral.

"Fronte ás trabas postas polo Goberno central", sentencia a Administración galega tras unha reunión da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, co director xeral de Costas e Xestión do Espazo Marítimo do Goberno de Canarias, Antonio Manuel Acosta.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asina o acto de adhesión de Galicia á Climate Alliance. MONICA ARCAY CARRO
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asina o acto de adhesión de Galicia á Climate Alliance. MONICA ARCAY CARRO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta