'La vida mientras luchamos', a historia do maior envelenamento do mundo: o 'Caso Metílico'

O xornalista e escritor ourensán Fernando Méndez analiza desde o punto de vista social e político un caso que deixou miles de mortos e cegos en Europa, América e África nos anos 60 e que o franquismo tentou tapar.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 13/06/2024 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

'La vida mientras luchamos' (RBA), do xornalista e escritor ourensán Fernando Méndez, analiza desde o punto de vista social e político a historia do maior envelenamento do mundo, o 'Caso Metílico', que deixou miles de mortos e cegos en Europa, América e África nos anos 60 e que o franquismo tentou tapar. A obra destaca o personaxe real de Elisa Álvarez Obaya, a farmacéutica descubridora do envelenamento, quen se enfrontou ao poder para destapar unha trama que tiña como orixe Galicia.

A novela, que mestura intriga e amor, reflicte unha sociedade, a dos anos 60, na que "España tentaba abrirse ao mundo, mentres o mundo andaba noutras cousas, entre elas, evitar a Terceira Guerra Mundial; alimentar a unha poboación empobrecida ou enardecer o ego das superpotencias malgastando diñeiro en proxectos que ninguén comprendía: un deles, pór un astronauta na lúa", apunta o autor. Co Caso Metílico e a Guerra Fría como pano de fondo, Fernando Méndez tece un thriller con perspectiva de muller onde as personaxes reais e os feitos históricos son a base dunha trama na que unha muller loita por salvar a súa vida e cambiar o rumbo da historia.

O autor da novela, Fernando Méndez
O autor da novela, Fernando Méndez | Fonte: FERNANDO MENDEZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta