Extinguido o incendio do Parque Natural do Xurés

Foron seis as hectáreas queimadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2024 | Actualizada ás 20:48

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado este pasado xoves no concello ourensán de Entrimo quedou extinguido minutos antes das 00.00 horas desta noite. Nun comunicado, a Xunta explica que o lume comezou na parroquia da Illa a sobre as 17.45 horas e, segundo as últimas medicións, afectou a unha superficie de seis hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, das cales cinco eran de monte arboledo e unha de raso.

Na extinción deste incendio colaboraron dous axentes, sete brigadas, tres motobombas, dous helicópteros e un avión, segundo indica o Goberno galego. A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Un avión de extinción de incendios traballa na extinción do incendio iniciado en Boiro do ano 2022/ César Arxina - Europa Press / Europa Press
Un avión de extinción de incendios traballa na extinción do incendio iniciado en Boiro do ano 2022/ César Arxina - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta