A CEP insta ó Congreso a "acabar coa discriminación" que sufre Galicia pola xestión da AP-9

O presidente da CEP, Jorge Cebreiros, denuncia "non é de recibo que os galegos paguemos máis cada ano por utilizar unha infraestrutura construída hai máis de 40 anos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2024 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

A Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) instou ao Congreso a "pór fin á discriminación" que sofre Galicia polas condicións actuais de xestión da AP-9, cuxa concesión ata 2048 a Audasa "implica un prexuízo grave á competitividade das empresas galegas, con peaxes que soben cada ano".

Tras a última votación na Cámara baixa este xoves, os empresarios pontevedreses emitiron un comunicado no que reproban "o sinsentido de que Galicia continúe pagando das tarifas viarias máis caras do territorio nacional, cunha concesión que está previsto que se prolongue, en total, durante 75 anos".

Nesta conxuntura, o presidente da CEP, Jorge Cebreiros, reiterou a demanda dos empresarios de que "definitivamente se anule a prórroga de concesión ata 2048". "Entendemos que o custo da súa xestión debe ser asumible pola Administración Pública. Calcúlase que o seu mantemento anual rolda os 10 millóns de euros", remarcou.

Ademais, aludiu ás dúbidas da Comisión Europea (CE) sobre a lexitimidade do proceso de prórroga. "Non é de recibo que os galegos paguemos máis cada ano por utilizar unha infraestrutura construída hai máis de 40 anos, cando outras similares foron amortizadas e están libres de peaxes, e as súas cifras de negocio arroxan rendibilidade. É unha situación de xeito evidente inxusta e insólita en comparación co resto do territorio nacional", concluíu.

Retencións na AP-9 nunha imaxe de arquivo
Retencións na AP-9 nunha imaxe de arquivo | Fonte: EP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta