Ábrese o prazo para solicitar estancias no programa de benestar en balnearios

As solicitudes poden presentarse por rexistro aínda que deberá facerse "preferentemente" por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/06/2024 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou unha nova convocatoria do programa de Benestar en Balnearios que ofrece estancias en 15 establecementos da Comunidade para maiores de 60 anos. O prazo de solicitude comeza este martes, día 18, e prolongarase durante un mes.

Segundo informa a Xunta, na edición deste ano "aumentan as prazas dispoñibles ata superar as 1.230 e tamén as quendas aos meses de verán", de modo que o programa inclúe os meses de xullo a decembro. A iniciativa, lembra, oferta estancias de dez días en réxime de pensión completa.

A Consellería de Política Social e Igualdade, apunta, destina a esta convocatoria un 9% máis que a edición pasada, isto é, un orzamento de 300.000 euros. As solicitudes poden presentarse por rexistro aínda que deberá facerse "preferentemente" por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede da Xunta.

O interior do balneario de Mondariz / VÍA LÁCTEA / Europa Press
O interior do balneario de Mondariz / VÍA LÁCTEA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta