E que pasa con Fraga?

A ausencia de Fraga no acto de proclamación de Feijóo como candidato do PPdeG á Xunta deu que falar e non só entre os xornalistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 24/11/2008 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

None

Un símil que pretende deixar claro que a cuestión da edade non ten que ver coa militancia política. E é que Fraga leva meses apartado dos grandes actos do partido en Galicia. Unha decisión que se adoptou na dirección do partido en Galicia e que aceptou, aínda quen sen querelo, o ex presidente da Xunta. "Onte máis que nunca sería un día para homenaxear a quen deu tanto por Galicia e por este partido", asegura este dirixente ó referirse, precisamente, a festa de aniversario do de Vilalba. "Non lembrades os xornalistas o moito que disfrutaba cando lle celebrabamos os anos na súa víla natal?, imaxinades o que sería cantarlle o cumpreanos aquí, con toda esta xente?". Pero a dirección popular non quería que se lle roubara protagonismo ó líder indiscutible deste acto.

Non son poucos os populares da vella garda de Fraga que non ven con bos ollos o poder que un sector do partido está acumulando e que utiliza para "arrinconar" ó outro. Os "fraguistas" levan tempo en caída libre pero aínda se resisten a que a figura do seu mentor sexa minimizada. "Detrás de todo isto está Romay e a súa camarilla", indica outro ex conselleiro con Fraga ó referirse ao ex conselleiro e ministro de Sanidad, José Manuel Romay Beccaría, representante en Galicia do sector ultracatólico do PP e valedor dos intereses do Opus neste partido.

E semella que Feijóo "deixa facer". Os seguidores de Romay son os que máis poder están acumulando no organigrama do PP galego dende que o ex conselleiro de Política Territorial asumiu a dirección do seu partido. Por iso, non resultou extrano ver a Beccaría e algúns dos seus valedores, sentado a carón dos principais dirixentes do PP.

As mencións a Fraga e a Cuíña non deixan de ser anedóticas nun congreso deseñado para arroupar ó novo dirixente do PP e cortar calquera tipo de lazos co pasado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 Guti

creo que ni con toda la crisis que nos azota nuestro querido frijolito repetirá el resultado de las anteriores con Fraga. Los gallegos estamos viendo qué Consellerías trabajan, sacan iniciativas, resuelven problemas y quienes fabrican propaganda. La política de Feijoo es como la de Zaplana-Acebes, simplemente de otro tiempo, política basura que no repara en todo tipo de insidias, calumnias que ni rectifica cuando le desmienten. Una vergüenza.

2 Feij009, campaña con licencia para ganar (y para perder) | Juego de Tronos

[...] Me temo que las autonómicas, sean cuando sean, van a tener un fuerte cariz presidencialista. El PP proclamó ayer por todo lo alto, a la fraguiana pero sin Fraga, a Alberto Núñez Feijoo como candidato a la presidencia de la Xunta. [...]

1 galego do común

McCain tampouco levou a Bush ós mitins, seica lle restaba votos. Por iso tampouco interesa lembrarnos de Fraga na campaña de Feijoo. Esto en realidade verase na propia campaña onde Fraga nin estará nin se lle esperará.

Desgraciadamente para Feijoo, os mellores resultados do PP nas do 2009 serían con Fraga como candidato, onde como no 2005 tampouco acadaría a maioría...