(Vídeo) Así quedaría o Morrazo co parque eólico que queren construír nesta península

Os aeroxeradores rozan os núcleos de poboación.

Por Galicia Confidencial | O Morrazo | 18/06/2024 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

A Plataforma Eólicos no Morrazo Non publica unha simulación a partir da escasa información pública do proxecto de Parque Eólico no Morrazo, promovido por Arena Power. Nel pódese observar á escala os aeroxeradores, a súa localización e o enorme impacto paisaxístico en que derivaría a súa posible construción.

Xeradores eólicos
Xeradores eólicos | Fonte: Arquivo

A proximidade aos núcleos de poboación provoca incerteza en lugares como a Fraga (Moaña), Pastoriza (Ardán), Pereiro (San Tomé), Sobreira (San Adrián), Vilar (Santa Cristina) ou San Lourenzo (Domaio). Estes son os núcleos que sufrirían as consecuencias máis directas onde nalgúns casos quedarían incluso rodeados dos aeroxeradores.

A plataforma lembra que esta é unha comarca en que o abastecemento de auga é asegurado a través de traídas veciñais con captacións que proveñen do monte polo que, con este parque eólico "resultaría complicado garantir o abastecemento despois de dinamitar o monte, práctica que testemuñamos recentemente no monte Acibal (Amil)".

Non menos importante é o patrimonio cultural, principalmente mámoas e petróglifos, que quedan realmente próximos das infraestruturas eólicas, nalgúns casos a 13 metros da Contorna de Protección. "Isto fai difícil responder á pregunta de como sería posible levar en camións palas de 75 metros sen danar ningún elemento patrimonial", denuncia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta