Gran despregamento policial en Ribeira para reconstruír o suposto crime machista de Andrea Yturri

Por Europa Press / Redacción | Ribeira | 20/06/2024 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

O home acusado de asasinar  a súa exparella en Palmeira, no municipio coruñés de Ribeira, saíu este xoves de prisión para participar nunha reconstrución dos feitos, que aconteceron o pasado 19 de marzo.

A reconstrución coincidiu cunha concentración convocada por Mulleres en Acción da Barbanza, que reuniu ante a Igrexa de Palmeira, a escasos metros de onde se cometeu o crime, a familiares da vítima, amigos e veciños que lles mostraron o seu apoio.

Desde primeira hora da mañá despregouse en Palmeira a comitiva xudicial, que trasladou ao detido desde prisión ata o lugar do crime. Nela participaron efectivos de Policía Nacional, Policía Local e Policía Xudicial da Garda Civil, que cortaron o acceso na rúa Doutor Torres, onde tiveron lugar os feitos. Tamén empregaron un dron.

Os feitos ocorreron na tarde do pasado 19 de marzo, na vivenda na que residía a muller, Andrea Yturri, de 25 anos, que levaba un tempo separada do presunto agresor. O home acoitelou supostamente á vítima na casa e, posteriormente, causouse feridas a el mesmo, polas que tivo que permanecer ingresado no hospital. Ambos tiñan un fillo en común de pouca idade, que nese momento non estaba na vivenda

Reconstrución en Palmeira do asasinato da moza Andrea Yturri
Reconstrución en Palmeira do asasinato da moza Andrea Yturri | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta