Miss Bolivia, Muchachito Bombo Infierno, The Tyets e Dakidarría súmanse ao cartel do Revenidas

O festival Revenidas 2024 celebrarase entre o 12 e 15 de setembro en Vilaxoán (Pontevedra) e os abonos para os catro días do Revenidas 2024 están á venda na páxina web do festival a un prezo de 63 euros (máis gastos de xestión).

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 20/06/2024 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

Miss Bolivia, Muchachito Bombo Infierno, The Tyets, Xavi Sarrià e Dakidarría, entre outros, súmanse ao festival Revenidas, que revela o seu cartel por días. O festival Revenidas 2024 celebrarase entre o 12 e 15 de setembro en Vilaxoán (Pontevedra) e os abonos para os catro días do Revenidas 2024 están á venda na páxina web do festival a un prezo de 63 euros (máis gastos de xestión).

Así, o xoves subiranse ao escenario Lendakaris Muertos, Muchachito Bombo Infierno, Dakidarría, The Tyets, Balkan Paradise Orquestra, Mafalda, Vértebras, Trashtucada e A Duendeneta. O venres será a quenda do La Pegatina, Fillas de Cassandra, Narco, Miss Bolivia, ETS, Lontreira, Muyayo RIF, García MC & Nación Quilombo, Serial Killer Z e A Duendeneta.

O sábado actuarán Tanxugueiras, Dubioza Kolektiv, El Kanka, The Rapants, Guadi Galego, Talco, LDS, La Fúmiga, Los Niños Jesús, Catuxa Salom, Rebeliom Do Inframundo, Xavi Sarrià, Yaya DJ e A Duendeneta. O domingo haberá a tradicional sardiñada popular e o broche a esta edición porano Uxía Lambona e a Banda Molona, a gala de circo solidaria, Caamaño & Ameixeiras, Mekanika Rolling Band e De Ninghures.

ENTRADAS POR DÍAS

Ademais, desde este xoves están á venda as entradas por día. As primeiras 500 a un prezo de 33 euros as do xoves e a 38 euros tanto as do venres como as do sábado. As persoas que compren o abono poderán reservar na web o acceso á campada do Rial por un importe de 10 euros.

Cartel do Festival Revenidas
Cartel do Festival Revenidas | Fonte: REVENIDAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta