A polémica sobre o libro dixital trasládase aos datos: o próximo curso 17 centros menos o empregarán, quedándose en 613

Tamén caen a cinco os colexios e institutos de nova incorporación a partir de setembro, cando o ano pasado estreáronse en 'E-Dixgal' 35.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 20/06/2024 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

Un total de 613 centros educativos galegos estarán adheridos a partir de setembro, co inicio do curso 2024/25, ao programa do libro dixital 'E-Dixgal'. Aínda que seguirán sendo máis da metade, serán 17 menos que durante o 2023/24, cando había 630. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa cos colexios e institutos que contarán con esta iniciativa nalgúns dos cursos entre 5º de Primaria e 4º de ESO.

A listaxe confirma un descenso dos centros que operan con 'E-Dixgal' tras meses de polémica a raíz do goteo de colexios que decidiron desanotarse. Por este motivo, representantes da Consellería de Educación realizaron varias roldas de contacto con directores e asociacións de nais e pais. Ademais, prodúcese unha importante baixada nos centros que son de nova incorporación ao libro dixital. Se o ano pasado foron un total de 35 os que empezaron a empregalo ou o ampliaron a máis cursos, o próximo haberá cinco novos.

En concreto, incorpóranse a 'E-Dixgal' a partir de setembro o CEIP Plurilingüe Celso Currás de Trabada (Lugo), o CEIP Vicente Risco de Cualedro (Ourense), o CEIP Plurilingüe Rodolfo Núñez Rodríguez de Vilardevós (Ourense), o CEIP Plurilingüe Ramón e Cajal de Vigo e o CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal (Pontevedra). Por tanto, tendo en conta a listaxe do ano pasado (630) e os que se van a incorporar (6), pódese deducir que se retiraron do proxecto 'E-Dixgal' un total de 23 centros.

Un alumno de primaria fai os deberes
Un alumno de primaria fai os deberes | Fonte: Eduardo Parra - Arquivo

Cabe lembrar que o próximo curso entrará en vigor o novo contrato do libro dixital que aprobou o luns o Goberno galego, por case 10,3 millóns de euros. O contrato, que contará con algunhas novidades como máis contido impreso, durará dous anos prorrogables por outros dous.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta