A Fegamp ve "imprescindible" a colaboración entre administracións como solución ao financiamento

"Sendo a administración máis próxima á cidadanía, parece lóxico que os concellos merezan un marco de competencias flexible e adaptable ás demandas sociais, cada día máis cambiantes", proseguiu nun discurso do que informou a Fegamp nun comunicado

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2024 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) considerou "imprescindible" colaborar entre administracións para resolver os problemas de financiamento e as competencias locais.

Así o trasladou a secretaria xeral do ente municipalista, Patricia Vilán, durante a mesa redonda inaugural do V Congreso da Rede Localis 'A reforma local 10 anos despois. Balance e perspectivas de futuro".

Na súa intervención, no acto no que participou a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e a coodirectora da Rede Localis, Concepción Campos, Patricia Vilán dixo que "non hai dúbidas de que as entidades locais son a administración pública máis eficiente, mostrando a maior capacidade de xestión cos recursos manifestamente escasos".

"Sendo a administración máis próxima á cidadanía, parece lóxico que os concellos merezan un marco de competencias flexible e adaptable ás demandas sociais, cada día máis cambiantes", proseguiu nun discurso do que informou a Fegamp nun comunicado.

Así mesmo, sostivo que a asunción de novas competencias por parte dos concellos non vén acompañada de financiamento, polo que urxiu alcanzar toda a colaboración posible entre as administracións públicas".

Ademais, considerou que a "situación do Servizo de Axuda non Fogar (SAF) require que Xunta e Estado cumpran co 50% de financiamento que lles corresponde ata completar o 100%. Con iso, sinalou que os concellos seguirían xestionándoo de forma eficiente como ata agora, sen verse economicamente afogados pola falta de financiamento.

"Se a Xunta de Galicia padece dun déficil de 1.000 millóns de euros desde o Estado para o financiamento dos servizos scoiales entre 2009 e 2021, esa cantidade multiplícase por tres no caso dos consistorios", afirmou.

A este respecto, lembrou que a Xunta "reclama un maior peso da dispersión e do envellecemento para o financiamento autonómico", pero, segundo indicou, eses factores, no caso do financiamento local correspondente á Xunta, e a pesar da reclamación reiterada e unánime dos concellos galegos e mesmo de estar contemplado na norma autonómica, son rexeitados recurrentemente pola Xunta".

Vilán, ademais, considerou necesario recuperar o cumprimento do Pacto Local de Galicia, destacando especialmente a asunción dos custos de mantemento dos centros escolares e de saúde de titularidade municipal.

Por último, asegurou que, de face ao futuro, tense que avanzar cara a un financiamento estrutural desde a Xunta ás entidades locais recollida nunha nova Lei de Administración Local de Galicia, acordada cos concellos.

Mesa redonda inaugural do V Congreso da Rede Localis 'A reforma local 10 anos despois. Balance e perspectivas de futuro'. FEGAMP
Mesa redonda inaugural do V Congreso da Rede Localis 'A reforma local 10 anos despois. Balance e perspectivas de futuro'. FEGAMP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta