Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2024 | Actualizada ás 14:59
O director do Foro Económico de Galicia, Santiago Lago, lamenta as "posicións polares" que se estableceron sobre o proxecto de fibras téxtiles de Altri en Palas, o cal xa "transcende o económico" e "está no debate público e político".
A preguntas da prensa en relación con Altri, durante un encontro co secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, Lago dixo que o Foro Económico "non está a favor dos síes incondicionados nin dos nons rotundos e sen reflexión previa".
"Normalmente, as posicións polares non son as mais adecuadas", opina, xa que "calquera proxecto presenta dúbidas" e "incertezas, "pero tamén oportunidades".
De tal forma, pide analizar o proxecto coa "mente aberta" e "pór todos os argumentos encima da mesa", así como "axustar proxectos" de ser necesario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.