Axudas a pemes para a transformación de produtos do mar

As achegas cubrirán o 50 % do importe subvencionable, unha taxa que pode alcanzar o 100 % se o proxecto é de índole colectiva e con características innovadoras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2024 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

A Xunta convoca as axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura, cofinanciadas coa primeira convocatoria do Fondo Europeo Marítimo (Fempa) 2024. Segundo informa a Consellería do Mar nun comunicado, esta orde de axudas está dotada con 19 millóns de euros: 9 millóns para 2024 e 10 millóns para 2025. O prazo de presentación de solicitudes está aberto por un mes.

As achegas cubrirán o 50 % do importe subvencionable, unha taxa que pode alcanzar o 100 % se o proxecto é de índole colectiva e con características innovadoras. As actuacións están orientadas a fomentar a calidade e valor engadido de produtos, a mellora eficiencia enerxética ou a economía circular. A través da FEMP 2016-2023, o Goberno galego inxectou máis de 105 millóns, os cales permitiron desenvolver un total de 380 iniciativas.

Pesca de mexillóns, a 2 de setembro, en Pontevedra
Pesca de mexillóns, a 2 de setembro, en Pontevedra | Fonte: Agostime - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta