A Xunta avanza que encargou un estudo para cifrar o traspaso da AP-9 e espera que estea listo en "un mes ou dous"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2024 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, avanzou que a Xunta encargou un estudo para cifrar o traspaso da AP-9 e conta con que estará listo "nun mes ou dous".

Nunha entrevista na Radio Galega recollida por Europa Press, a conselleira explicou que co estudo buscan "comprobar a fiabilidade" da cifra dada polo ministro de Transportes, Óscar Puente, que a elevou ata os 6.000 millóns.

"Axiña que teñamos ese estudo contrastaremos a viabilidade ou a fiabilidade desa cifra que di o ministro. Claramente cando soben dun día para outro en 2.000 millóns é claro que non parece que estea baseado en estudos", criticou.

Martínez Allegue incidiu en que, con esa "oscilación" entre cifras, "parece que o Ministro confunde o rescate coa transferencia".

Neste sentido, apuntou que a Xunta esixe "seriedade, transparencia e obxectividade" e que Puente explique de "onde saca eses cálculos". "Non existe a transparencia debida para determinar o custo da trasferencia", esgrimiu.

A titular autonómica de Infraestruturas cargou contra os partidos da oposición, PSdeG e BNG, xa que "os compromisos" que se alcanzan en campaña ou se asinan para permitir a investidura do actual presidente do Goberno, Pedro Sánchez, "tamén deben esixirse polas forzas políticas que así o consignar.

Ponte de Rande após a ampliación / EUROPA PRESS / Europa Press
Ponte de Rande após a ampliación / EUROPA PRESS / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta