Sanxenxo e Pontevedra contarán con máis conexións de bus durante xullo e agosto

A Xunta reforza as conexións de autobús entre Sanxenxo e Pontevedra durante os meses de xullo e agosto con 88 servizos adicionais á semana, dos cales 58 serán directos.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/06/2024 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

A Xunta reforza as conexións de autobús entre Sanxenxo e Pontevedra durante os meses de xullo e agosto con 88 servizos adicionais á semana, dos cales 58 serán directos. Segundo informa o Goberno galego nun comunicado, os novos servizos comezan o 1 de xullo ante a ampla demanda de transporte interurbano polo período estival.

A nova liña directa Sanxenxo-Pontevedra circulará pola AP-9 e a AG-41 para "ofrecer tempos de viaxe reducidos e asegurar máis prazas dispoñibles en localidades intermedias". Os servizos que conectan Sanxenxo, Poio e Pontevedra pola estrada PO-308 engaden 30 novas frecuencias á semana nas horas de maior demanda.

HORARIOS

En sentido Sanxenxo-Pontevedra, os servizos directos sairán ás 13.50 horas, ás 16.15, ás 17.15 e ás 19.15 horas de luns a venres. Nos fins de semana e festivos, os horarios serán ás 11.15, ás 13.15, ás 17.15 e ás 19.15. Por outra banda, de Pontevedra a Sanxenxo as saídas serán ás 8.15, ás 18.15, ás 20.15 e ás 22.15 horas de luns a venres; e ás 12.15, ás 14.15, ás 18.15, ás 20.15 e ás 22.15 os sábados, domingos e festivos.

Os servizos por estrada sairán de Sanxenxo ás 9.35 (desde Areas) e ás 21.10 horas de luns a venres laborables; e ás 16.50 e ás 20.40 os sábados domingos e festivos. As saídas de Pontevedra serán ás 13.00 (ata Areas), ás 14.30 de luns a venres; e ás 15.10, ás 18.10 e ás 22.10 horas os sábados, domingos e festivos. Ademais, o servizo da liña O Grove estación de autobuses-Aeroporto Peinador, que tiña saída do aeroporto ás 13.30 horas de luns a venres durante xullo e agosto, adiántase ás 13.15 horas unha mellor coordinación, ao realizar o tramo Pontevedra-Poio-Sanxenxo por estrada.

Os novos servizos aprobados funcionarán de maneira adicional ao incremento establecido nos últimos anos nos servizos entre O Grove, Sanxenxo e Pontevedra principalmente durante xullo e agosto, nos que se reforza a oferta con 28 frecuencias nas fins de semana do verán para atender o aumento da demanda desta época. A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Dúas persoas pasean pola praia de Silgar, a 25 de xaneiro de 2024, en Sanxenxo
Dúas persoas pasean pola praia de Silgar, a 25 de xaneiro de 2024, en Sanxenxo | Fonte: Elena Fernández - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta