Que entende a Xunta por corrupción e acoso laboral?

O Goberno galego anuncia que protexerá e amparará as vítimas de corrupción e acoso e a oposición critica as súas “contradicións” por non actuar no caso da muller que denunciou a José Manuel Baltar.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/11/2015 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A corrupción política volve estar no centro da vida política galega. Novamente, a Xunta volveu defender o código aprobado hai unhas semanas e anunciou que porá, ademais, en marcha medidas estrictas para “frear as condutas reprobables ou ilícitas”. Uns anuncios que non convencen á oposición que, novamente, volveu lembrar a denuncia realizada por unha muller ante a Fiscalía contra o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar.

Alberto Núñez Feijóo con José Manuel Baltar nun acto político
Alberto Núñez Feijóo con José Manuel Baltar nun acto político | Fonte: PPdeG

A encargada de defender na Cámara ese código ético do Goberno galego foi a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa do Goberno autonómico, Natalia Prieto, que insistiu en que a Xunta axudará e amparará ás persoas que denuncien casos de corrupción na política e na administración. “E por que non actúan entón contra o presidente da Deputación de Ourense?”, espetoulle a deputada do Grupo Mixto Carmen Iglesias.

"Hai unha muller que denuncia acoso sexual no traballo, algo que a Xunta debería investigar... E, neste caso non só non se ampara á denunciante", senón que ademais se apoia a postura de Baltar”, criticou Iglesias que denunciou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, por apoiar ao presidente ourensán. “É unha mostra evidente de suposta corrupción no emprego público", dixo

Na súa intervención ante a Comisión institucional da Cámara, Prieto lembrou as cincuenta medidas contra a corrupción aprobadas por Feijóo. Entre elas, indicou que o Consello da Xunta prevé adoptar proximamente un protocolo que "ofrecerá protección a persoas en situación de acoso laboral" por denunciar casos de corrupción e apuntou que iso inclúe ofrecer "asesoramento xurídico" ás potenciais vítimas.

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa da Xunta insistiu en que a Xunta "ten os mecanismos suficientes para previr" casos de corrupción e considerou que no caso de Baltar, sen citalo expresamente, é necesario esperar "mentres non se aclaren os feitos" que investigan as autoridades xudiciais. "Temos que ser prudentes e non facer outro tipo de xuízo paralelos", insistiu.

Unhas explicacións que non convenceron a Iglesias que cualificou de “contradición” as supostas medidas contra a corrupción da Xunta, xa que, din que van a apoiar aos que denuncien casos de corrupción, pero apoian a Baltar. “Isto é unha mostra de que quen se atreve a denunciar o califato ou baltarato de Ourense está morto como o están quen denuncia a políticos, xuíces fiscais ou clérigos católicos”, lamentou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Ana

Nin bipartidismo vello (PPSOE), ni bipartidismo novo (Ciudadanos e Podemos). Con rostros diferentes mais todos defenden o mesmo: o euro, a monarquia, a OTAN, o pago da debeda, os intereses do gran capital, etc. Non votedes listas pechadas feitas polas cupulas dos partidos e que representan o partido. O cambio é sair do rexime do 78 e iso so é posible coa independencia ou con unha abstencion masiva que deslexitime o rexime.

3 Anónimo

Participade na enquisa que estou a facer para saber cal vos gustaría que fose a forma admitida e correcta no galego: cabozo, calabozo ou calabouzo? Podedes participar en: https://estensiondogalego.wordpress...

2 Xoana G

Despois da publientrevista a medida de Baltar de hai uns días, sen posibilidade de comentarios, agora cambiades o chip...

1 pepe o sexopata!

je-je que sentido do humor... que sentido do humor! entenden o mesmo que os xuices expañolazos e de dereitas, aquí non estamos nun estado de dereitos sinon nun estado de dereitas e polo tanto son inocentes anque se demostre que son culpables...