Raquel Biscaia, muller viticultora de Ourense homenaxeada este 8 de xullo na iniciativa '8M, mes a mes'

A Deputación de Ourense homenaxeará este 8 de xullo ás mulleres viticultoras da provincia no marco da iniciativa '8M, mes a mes', que recoñece ás mulleres con profesións "altamente masculinizadas ou de gran relavancia ao longo da historia".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/07/2024 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense homenaxeará este 8 de xullo ás mulleres viticultoras da provincia no marco da iniciativa '8M, mes a mes', que recoñece ás mulleres con profesións "altamente masculinizadas ou de gran relavancia ao longo da historia". Así, tal e como destacou a institución provincial, búscase promover durante todo o ano a importancia das mulleres e do seu traballo.

Deste xeito, este 8 de xullo honrarase á muller viticultora baixo o lema 'O sabor da igualdade, viños creados por mulleres'. A figura seleccionada da provincia para a súa representación foi Raquel Biscaia, natural do Bolo. Para a Deputación, trátase de "un gran exemplo" de muller viticultora, pero tamén agricultora e apicultora, o que abarca "diversos oficios de gran importancia para a provincia". 'Raquel Biscaia' é unha marca de viños que traballa de maneira natural, sen empregar pesticidas, herbicidas ou insecticidas químicos. A maior parte do traballo realízase a man ou con axuda de pequena maquinaria.

Raquel Biscaia, viticultora natural do Bolo
Raquel Biscaia, viticultora natural do Bolo | Fonte: DEPUTACIÓN DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta