Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/07/2024 | Actualizada ás 20:14
Un home resultou ferido despois de envorcar a furgoneta na que circulaba pola estrada OU-540, ao seu paso polo municipio ourensán de Muíños. Sobre as 15.30 horas deste domingo, un particular alertaba ao 112 de que unha furgoneta envorcara á altura do quilómetro 55.2 desta vía, na parroquia de Parada de Ventosa. Segundo o seu relato, o vehículo atopábase no medio do carril e o condutor, ferido, non podía saír do interior.
Con esta información, os xestores do 112 deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Muíños, e á Garda Civil, así como ao persoal de mantemento da vía. Ao chegar ao lugar, os membros do GES tiveron que romper o parabrisas para liberar ao ferido, que foi trasladado polos profesionais sanitarios ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.