Galicia é a comunidade con máis mortes por afogamento en espazos acuáticos no que vai de ano

Foron 36 os falecidos, segundo os datos do Informe Nacional de Afogamentos (INA).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2024 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

Galicia, con 36 falecidos, é a comunidade na que máis persoas perderon a vida por afogamento en espazos acuáticos, segundo os datos do Informe Nacional de Afogamentos (INA) da Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo. Este documento detalla que só no mes de xuño perderon a vida na comunidade galega un total de sete persoas afogadas en espazos acuáticos.

No conxunto do Estado, o mes de xuño de 2024 foi o segundo con máis mortes por afogamento non intencional nos espazos acuáticos españois desde 2015, ano en que a Federación comezou a elaborar o seu informe.

As 61 persoas falecidas por afogamento ao longo de xuño elevan a cifra de mortes nos espazos acuáticos no primeiro semestre do ano a 198, 20 máis que no mesmo período de 2023 (+16%).

Por comunidades autónomas, Galicia mantense como o territorio con máis mortes en espazos acuáticos, con 36 no que vai de ano, seguida de Andalucía, con 32, e a Comunidade Valenciana, con 27. Nesta comunidade, destaca o informe, só en xuño producíronse 17 afogamentos mortais, case o 28% dos 61 rexistrados este mes.

Simulacro de rescate de afogamento
Simulacro de rescate de afogamento | Fonte: Carlos Luján - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta