Catro anos de cárcere para un home con esquizofrenia paranoide que violou a unha menor

Os maxistrados do TSXG indicaron que no momento que tiveron lugar os feitos atopábase "estable, podendo comprender a ilicitude da súa conduta e sendo capaz de actuar con arranxo a esta compresión".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/07/2024 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense que condenou a catro anos de prisión a un home por cometer un delito de violación sobre unha menor de idade. Así, o acusado non poderá aproximarse á vítima nin comunicarse con ela durante cinco anos.

O tribunal desestima así o recurso de apelación interposto pola defensa do investigado, pois entende que a declaración da vítima, a da súa amiga, a da súa nai e o informe dos peritos "constitúen un arsenal probatorio de cuxa entidade non se pode dubidar". Os maxistrados tamén indicaron, en base ao estudo do seu historial clínico e do informe médico forense, que o seu diagnóstico de esquizofrenia paranoide non afectou o desenvolvemento dos feitos, xa que no momento que tiveron lugar atopábase "estable, podendo comprender a ilicitude da súa conduta e sendo capaz de actuar con arranxo a esta compresión".

Sede do TSXG
Sede do TSXG | Fonte: Xunta - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta