Remolcan o cadáver dunha balea localizado preto da Praia de Doniños

O cetáceo medía entre 7 e 8 metros e foi localizado na zona de Punta Penencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2024 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

A embarcación 'Salvamar Betelgeuse' remolcou á primeira hora da mañá deste mércores o cadáver dunha balea de entre sete e oito metros de lonxitude localizado na zona de Punta Penencia, preto da praia de Doniños, en Ferrol.

Segundo explican fontes de Salvamento Marítimo, o cetáceo supuña un perigo para a navegación, especialmente para as máis de menor tamaño, polo que tivo que retirala da zona e levala a porto. O cadáver da balea localizado en Penencia derivaba cara ao norte, a uns dous nós de velocidade.

Praia De Doniños, En Ferrol. TURGALICIA - Arquivo
Praia De Doniños, En Ferrol. TURGALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta