Continúan graves 4 dos 47 feridos do accidente de autobús da C-32 en Pineda que levaba traballadores de Inditex

Dous feridos leves que estaban en Can Ruti foron trasladados a outros centros, mentres que o resto de pacientes, incluído o condutor do autobús, xa recibiron a alta médica

Por Europa Press / Redacción | BARCELONA | 17/07/2024 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

Catro dos 47 feridos este martes no accidente dun autobús que levaba a traballadores de Inditex na C-32 entre Pineda de Mar e Tordera continúan en estado grave, segundo explicou a Conselleria de Saúde da Generalitat nun comunicado este mércores.

Trátase dunha muller de 28 anos, que está ingresada no Hospital da Vall d'Hebron de Barcelona cunha lesión medular grave; un home de 40 anos no Hospital Germans Trias i Pujol de Badalona, e unha muller de 40 anos e un home de 28 no Doutor Trueta de Girona.

Doutra banda, dous feridos leves que estaban en Can Ruti foron trasladados a outros centros, mentres que o resto de pacientes, incluído o condutor do autobús, xa recibiron a alta médica.

Imaxe do bus accidentado en Pineda
Imaxe do bus accidentado en Pineda

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta