Ferido un traballador que quedou atrapado pola trituradora dun camión do lixo en Lourenzá

Os medios no punto confirmaron que o home sufriu lesións nas pernas, pero permaneceu consciente en todo momento.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 18/07/2024 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

Un operario do servizo da limpeza resultou ferido nas pernas ao quedar atrapado pola trituradora do camión do lixo no municipio lucense de Lourenzá. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, sobre as 12.50 horas, un particular alertou do accidente, que tivo lugar diante dun supermercado da avenida da Mariña.

O alertador indicou que se trataba dun traballador da recollida do lixo que quedou atrapado na trituradora do camión e era incapaz de liberarse. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Barreiros, do GES da Pontenova, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lourenzá.

Unha vez alí, os bombeiros procederon a excarcerar ao traballador, que seguía atrapado dentro do camión e, tras sacalo do vehículo, foi atendido polos profesionais sanitarios. Os medios no punto confirmaron que o home sufriu lesións nas pernas, pero permaneceu consciente en todo momento. Pola súa banda, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 chegou a valorar a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que non tivo que intervir: o implicado foi finalmente atendido e trasladado a bordo dunha ambulancia.

Un colector con cascallos e dous camións de lixo de Madrid, ás portas do Parque Tecnolóxico de Valdemingómez
Un colector con cascallos e dous camións de lixo de Madrid, ás portas do Parque Tecnolóxico de Valdemingómez | Fonte: Óscar J.Barroso - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta