Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2024 | Actualizada ás 19:39
Un mozo resultou ferido grave na tarde deste xoves tras sufrir un accidente de tráfico coa moto que manexaba no municipio coruñes de Ordes.
Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso tivo lugar pouco despois das 14.00 horas no lugar da Brea, na parroquia de Ardemil, onde o motorista sufriu unha saída de vía.
Ata a zona desprazouse o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que trasladou ao mozo ata o Hospital da Coruña. Ademais, tamén interviñeron os Bombeiros de Betanzos, os axentes da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.