A Mesa presenta unha demanda contra a UNED por non corrixir un exame escrito en galego

A UNED defende que "o equipo docente non ten competencia para avaliar unha proba sen estar en castelán".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2024 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística comunicou que presentou unha demanda contra a UNED por non corrixir un exame a un alumno, --o membro do BNG Bieito Lobeira--, por estar escrito en galego. Tal e como informou A Mesa, a UNED defende que "o equipo docente non ten competencia nin instrumentos para avaliar unha proba redactada nun idioma diferente do castelán" e que, "en consecuencia", "non ten obrigación de corrixilo". Ante isto, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, lembrou que a UNED é "unha universidade pública", polo que, na súa opinión, "debe dar exemplo, respectando a oficialidade do galego".

"Ningunha persoa que se examine en Galicia ten que ser obrigada ou coaccionada a facer un exame en castelán", sinalou o presidente da entidade.

Neste contexto, despois de que o reitorado desestimase o recurso de alzada interposto polo alumno, A Mesa solicita agora xudicialmente que se recoñeza "o dereito a que un docente da UNED corrixa e puntúe o seu exame", así como que "se lle recoñeza o seu dereito a realizar todos os exames na lingua cooficial do territorio no que se examine".

Aula da UNED de Cidade Real.. UNED
Aula da UNED de Cidade Real.. UNED

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta