Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2024 | Actualizada ás 17:31
O helicóptero de rescate Pesca II, de Gardacostas, recuperou ao mediodía deste sábado o cadáver dun home que caeu ao mar nos cantís de Loiba, no municipio coruñés de Ortigueira. Un particular alertou ao 112 pasadas as 14:00 horas de que unha persoa caera ao mar desde os cantís. Nese momento púxose en marcha un operativo formado polos Bombeiros das Pontes, o GES de Ortigueira, a Garda Civil e Protección Civil.
Segundo testemuñas presenciais, parece ser que o falecido era de León. Estaba a se sacar un selfie xunto ao cantil, preto do coñecido banco da zona, cando perdeu a estabilidade debido ao vento e caeu. Varias persoas que estaban alí para gozar da paisaxe quedaron conmocionadas polo tráxico acontecemento, e o banco foi acordoado. No mar, actuaron unha salvamar de Salvamento Marítimo e o helicóptero Pesca II, que finalmente recuperou o cadáver do home, que quedara mergullado.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Choca contra un farol en Vigo e queda atrapado ao envorcar o coche
- Galicia pide por unanimidade política ao Estado que "axilice" a homologación de títulos sanitarios extracomunitarios
- Cae en Vigo o muro da vergoña que simboliza a liberación de Palestina: un cento de persoas protestan polo xenocidio
- Retiran en España case un milleiro de vehículos Alfa Romeo Tonale por un problema no freo
- Forte accidente na autoestrada que une Santiago con Noia: un condutor atrapado tras envorcar o seu coche á altura de Rois
- Paulo Carril (CIG): "Abel Caballero quere borrar as loitas obreiras de Vigo"