Aprazan a chegada a Galicia das 470 persoas migrantes procedentes de Canarias para a semana que vén

Segundo informaron fontes da Delegación do Goberno, aínda que a previsión é que estas persoas empezasen a chegar a Galicia este xoves, día 25 de xullo, posponse para a próxima semana

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2024 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

A chegada a Galicia das 470 persoas migrantes procedentes de Canarias que, na súa maioría, foxen da guerra en Mali e contan con solicitude de asilo, prevista para esta semana foi aprazada ata a próxima.

Segundo informaron fontes da Delegación do Goberno, aínda que a previsión é que estas persoas empezasen a chegar a Galicia este xoves, día 25 de xullo, posponse para a próxima semana.

Con todo, mantéñense as localidades ás que irán: a previsión é que se dirixan a Santiago, a Becerreá, a Ourense, a Monforte e a Allariz.

Ademais, o primeiro grupo de persoas chegará, previsiblemente, a próxima semana ao Monte do Gozo, en Santiago de Compostela.

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, informou desta modificación ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e á alcaldesa de Santaigo, Goretti Sanmartín, desta modificación, dentro do que a Delegación do Goberno enmarca nunha "comunicación fluída e leal" entre as diferentes administracións.

Arquivo - Varios migrantes procedentes de Canarias cunha voluntaria de Accem, na Casa de Cultura de Dorrón, a 17 de novembro de 2023, en Sanxenxo, Pontevedra, Galicia (España). A Casa de Cultura de Dorrón concedeu un espazo á ONG Accem para. Elena Fernández - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Varios migrantes procedentes de Canarias cunha voluntaria de Accem, na Casa de Cultura de Dorrón, a 17 de novembro de 2023, en Sanxenxo, Pontevedra, Galicia (España). A Casa de Cultura de Dorrón concedeu un espazo á ONG Accem para. Elena Fernández - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta