Recta final e récord de espectadores na MIT de Ribadavia

Datos espectaculares de asistencia, aínda sen contar cos últimos días de festival, e superando as marcas dos anos de pre-pandemia que foron os de máximos históricos da MIT, en 2018 e 2019. Prevese unha recadación histórica de arredor de 40.000 €.

Por Galicia Confidencial | Ribadavia | 27/07/2024 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Os últimos días da 40 Mostra de Teatro Internacional de Ribadavia virán marcados por unha estrea, a gran coprodución do festival deste ano e unha interpretación maxistral co actor Rubén de Eguía.

Os actores Anxo Outumuro, Lida Veiga, Jorge de Arcos, Mónica García e Xurxo Cortázar na obra 'Iribarne'.. GERALDINE LELOUTRE
Os actores Anxo Outumuro, Lida Veiga, Jorge de Arcos, Mónica García e Xurxo Cortázar na obra 'Iribarne'.. GERALDINE LELOUTRE

Dentro das actividades paralelas, a presenza de Ignacio García, exdirector do Festival de Almagro, as exdirectoras do CDG Cristina Domínguez e Ánxeles Cuña nun coloquio sobre os teatros públicos e a presentación do libro sobre o Premio Abrente, marcan a sintonía de peche, tamén co programa dos satélites da MIT en Sampaio e San Cristovo.

Ademais, o actor Alberto Velasco estará por partida dobre, tanto na realización nun curso en colaboración coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia como prersentando o seu espectáculo Mover Montañas, recentemente premiado no festival TAC de Valladolid. Un espectáculo gratuíto, na praza da Madalena, que entende o folclore como algo vivo, popular e moderno, non como un obxecto de museo. Un espectáculo híbrido e unha experiencia que apela á consciencia comunitaria.

E volve a segunda sesión golfa no Club Artístico, cos actores Nacho Castaño, María Costas, Fran Nogueira e María de las Llanderas.

O espectáculo IRIBARNE, que clausura a MIT deste ano, xa ten todas as estradas esgotadas dende hai días.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta