Por que o .gal é o menos popular dos novos dominios lingüísticos?

PuntoGAL celebra o primeiro aniversario con 2.800 dominios. Un avance pioneiro para o galego, pero tamén unha cifra de rexistros menor que a de outros identificadores similares; por exemplo, catro veces menor co .scot ou un 51% menos co .eus. Falamos coa directora xeral de, entre outros puntos, as causas desta situación e as próximas promocións para estimular os rexistros. O .gal estará no culturGAL da man de ReiZentolo.

Por M.V. | Vigo | 02/12/2015 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

Hai algo máis dun ano comezaban a estar dispoñíbeis os novos dominios de Internet. Agora mesmo máis 800, entre os que está un grupo de identificadores para comunidades lingüísticas e culturais europeas: o .gal (Galicia), .eus (Eukal Herrria), .bzh (Bretaña), cymru (Gales) e .scot (Escocia).

A Asociación puntoGAL informou hoxe nunha nota de prensa que “o dominio galego en internet celebra hoxe o seu primeiro aniversario con preto de 3.000 nomes rexistrados”. Fontes da Asociación puntoGAL concretaron a cifra en máis de 2.800 dominios. Segundo o portal Ntldstats, especializado neste novo mercado, hai 2.826 puntogales rexistrados.

Das comunidades lingüísticas europeas que teñen un novo dominio propio, os galegos somos os que menos apoiamos ao noso identificador na rede. As cifras dos outros dominios son moi superiores:

o .scot rexistrou 11.213 dominios,

o .bzh rexistrou 5.641 dominios

o .cymru rexistrou 5.446 dominios

o .eus rexistrou 4.516 dominios

o .gal rexistrou 2.826 dominios

Por que os outros identificadores multiplican o uso do .gal se o galego é, entre todas esas linguas, a máis coñecida e usada da súa poboación?

Nisto non é posíbel botarlle as culpas ao Goberno. A Xunta financiou a consecución do .gal e na súa propia nota de prensa puntoGAL sinala “o apoio institucional da Xunta de Galicia que, co decreto 74/2015 regula a presenza na internet da Administración”.

Consultada sobre esta cuestión, Edita de Lorenzo, directora xeral da Asociación puntoGAL, admite que “a resposta social nas diferentes comunidades e o apoio masiva ás iniciativas é claramente distinta”. En declaracións a GC, a profesora da Universidade de Vigo recoñece que entre os dominios citados hai moitas similitudes -de feito .gal colabora a miúdo con eles- e explica a situación citando  “factores entre os que está o coñecemento propio, a sensibilidade cara a importancia de internet e de posicionarse e tamén factores económicos”.

O certo é que dende que o .gal botou a andar foron varios os internautas que lle preguntaron públicamente porque é tan caro. O prezo medio, cando non hai unha promoción, ronda os 50 euros; moi lonxe dos 8 euros cos que se pode rexistrar, por exemplo, un .com ou un .cat.

PuntoGAL lanzou varias promocións de rebaixa de prezos, pero o resultado non foi unha suba moi significativa. Por exemplo, dende o 25 de xullo e durante todo o verán estivo a 36 euros máis IVE aproximadamente. O resultado foron uns 400 novos rexistros, segundo Ntldstats.

Volverá puntoGAL a baixar os prezos? “O compromiso de baixar prezos mantense pero temos que ter en conta as necesidades que ten mantelo rexistro co número de dominios que hai e por iso non nos atrevemos a asegurar canto e cando poderemos facer”, explica de Lorenzo a GC. A Asociación quere repetir promocións en días como o 17 de maio.

E é que o dominio galego nunca poderá competir a nivel de prezos con xigantes como o .com ou incluso con mercados máis grandes e vellos como o do .cat. A cuestión clave pode ser como motivar á galegofonía para gastarse os cartos nun identificador que sempre será máis caro que outros.

“Contamos que a apertura de cada día mas webs e sitios en internet; .gal contribuirá a que todos vexamos a importancia e transcendencia de diferenciarnos e destacarnos en internet co selo de calidade que o galego ten; ademais de aproveitar esta oportunidade de sentirnos membros da comunidade galega tamén na rede”, anímanos a directora xeral.

Para estimular os rexistros, PuntoGal participará un ano máis no CulturGAL en Pontevedra, que ten lugar entre o 4 e o 6 de decembro, ocupando o stand 41. Con motivo da efeméride, a asociación presentará durante a feira o froito da súa colaboración con Rei Zentolo. Trátase dunha serie de deseños que homenaxea á revista Nós e outra na que se utiliza o humor como maneira darlle promoción o dominio. Seguro que as camisetas serán un éxito.

Acto de presentación da segunda fase do .gal co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, o Presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González e a Directora Xeral  da Asociación, Edita de Lorenzo.
Acto de presentación da segunda fase do .gal co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, o Presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González e a Directora Xeral da Asociación, Edita de Lorenzo.

Imaxe promocional da galega Dinahosting sobre o puntoGAL
Imaxe promocional da galega Dinahosting sobre o puntoGAL | Fonte: ortegalingua.blogspot.com
Parte da directiva da Asociación puntoGAL
Parte da directiva da Asociación puntoGAL | Fonte: Marcus Fernández
Deseño de Reizentolo para o puntoGAL
Deseño de Reizentolo para o puntoGAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

4 Wenceslao

El galleguismo es algo asociado a la imposición, el fanatismo y la ignorancia más primitiva. Por tanto es lógico que pasen estas cosas. Y lo peor es que la pase igualmente al idioma gallego, que va de capa caída por culpa de los jetas y fanáticos que lo han tomado como su coto particular. Eso sí, morirán todos bien forrados de pasta gansa.

1 Franco ha vuelto

En el día de hoy, cautivo y desarmado el Ejército Rojo, han alcanzado las tropas nacionales sus últimos objetivos militares. La guerra ha terminado.

2 Galego fanático e ignorante

Di que si, Einstein, digo Wenceslao, di que si. A xente non colle o .gal para que non se forren de pasta os jetas e fanáticos, emigra para non se forraren á sua conta os explotadores, non ten descendencia para non se forraren comadronas e médicas, non le para os libreiros non gañaren tanto como gañan, . . . seguimos? Meu Deus hai quen en vez de materia gris, ten serrin.

3 Xestosos

Aquí só tes futuro se es enchufado do PP ou liberado da CIGA en calquera chiringuito dá lingua. Os galegos non temos fillos porque as do BNG din que iso é propio de coellos. Menos mal que a boa xente galega pasamos duns e doutros

3 csmcaloto

Ademais de que o dominio é moito máis caro que o normal, diminúe o seu posicionamento en internet. Mentres non exista google.gal que faga procuras na comunidade idiomática galega, será moi difícil que a nosa comunidade creza en internet

1 vmaa

Existe google en galego en case todos os servizos que tén, vives en baixo dunha pedra?

2 Doutor Ghu

50 e pico pavos por un dominio!! Iso só o pagan institucións públicas. Con ese prezo xamais será popular.

1 Españolistas dades noxo

É o mesmo prezo que ten o .eus. Claro que os vascos non teñen auto-odio.

1 Bufffff

É un dominio nacionalista e Galicia sempre os veu como xente medio tola. Non da boa imaxe senón unha negativa ben marcada

1 vai calando a boca

Moito sabes tí se un dominio é nacionalista ou non, e moito sabes tamén da opinión da gente da GZ sobre dominios. Cacho troll