Ferido un traballador tras caerlle enriba unha pedra en Lobios

Outro operario resultou ferido noutro accidente laboral en Ferrol.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 02/08/2024 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

Un operario resultou ferido despois de caerlle encima do abdome unha pedra mentres traballaba nun monte no municipio ourensán de Lobios.

Tal e como informou o 112, a alerta sobre este accidente activouse na central de emerxencias pasadas as 11.00 horas e, aínda que o operario foi trasladado ao centro de saúde da localidade, ata alí acudiu un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero con base en Ourense.

Segundo a información recollida polos axentes da Garda Civil, que tamén participaron neste operativo, o ferido é un traballador autónomo, que participaba nunhas obras de mantemento no lugar de Fondevila, preto da estrada OU-312.

Pola súa banda, os efectivos do GES de Lobios e tamén os voluntarios de Protección Civil da localidade prestaron a súa colaboración na xestión desta incidencia.

FERROL

Ademais, durante a mañá deste venres o 112 Galicia tamén rexistrou un accidente laboral en Ferrol, onde un operario caeu dunha estada na rúa Cruz de Arriba.

Neste caso, o sinistro produciuse pouco antes das 13.00 horas. A persoa que alertou a través da súa chamada ao servizo de emerxencias explicou que a caída se produciu a gran altura. Xa no lugar, o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 sinalou que o ferido se atopaba consciente.

Ambulancia
Ambulancia | Fonte: FEGAM - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta