'Feira Vella': o atractivo central do Titiriberia 2024 de Rianxo

30 funcións, talleres, mesas redondas e proxeccións del 12 ao 18 de agosto

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/08/2024 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

O 'Titiriberia: Festival de monicreques tradicionais', organizado pola asociación Morreu ou Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, celebrarase entre o 12 e 18 de agosto cun cartel que inclúe 30 funcións da man de 20 compañías, ademais de talleres, mesas redondas e proxeccións.

Este ano 'Titiriberia' terá como gran invitada internacional a República Checa, xa que o festival trae a Rianxo a tradición histórica dos monicreques checos da man de dous grandes especialistas do país centroeuropeo: Marie Jirásková e Pavel Jirásek.

"Volvemos a Rianxo, volvemos ás súas rúas e ás súas praias cun festival que cambia de datas para atoparse co público na semana grande do verán. 'Titiriberia' volve un ano máis e faino cun programa que inclúe dúas producións propias e sete coproducións con diferentes compañías", explicou Larraitz Urruzola, directora artística do festival.

Urruzola, ademais, sinalou que un dos pratos fortes deste 'Titiriberia' será a chamada 'Feira Vella', unha recreación dunha feira tradicional na vila de Rianxo. Situado no Campo de Arriba, neste espazo incluiranse propostas escénicas xunto a unha colección de xogos antigos e atraccións de feira tradicionais.

Presentación de 'Titiriberia'.. TITIRIBERIA
Presentación de 'Titiriberia'.. TITIRIBERIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta