Os trens turísticos continúan en agosto cunha variada oferta: das Rías Baixas a Monterrei

Os trens rexistran "marca histórica" de ocupación, cunha porcentaxe global superior ao do 96 % e aínda quedan prazas dispoñibles para a ruta da Lamprea e a de Monterrei.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2024 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

O programa de Trens Turísticos de Galicia continúa o seu percorrido este mes de agosto cun total de seis rutas e con "marca histórica" de ocupación, cunha porcentaxe global superior ao do 96 % e aínda quedan prazas dispoñibles para a ruta da Lamprea e a de Monterrei.

Segundo informou a Xunta, esta iniciativa permite a visita a paraxes en contacto coa natureza viva, miradoiros, faros e patrimonio arquitectónico xunto con experiencias gastronómicas que crean unha proposta turística única e singular. A ruta dos Faros que percorre o norte de Galicia e visita Cabo Ortegal, o miradoiro de Vixía Herbeira, o Santuario de Santo André de Teixido e o Cabo Estaca de Bares, desenvólvese este sábado e tamén o 31 de agosto. En setembro terá saída o día 7.

O 10 de agosto pódese percorrer a ruta das Rías Baixas e deixarse sorprender pola paisaxe da Ría de Arousa e enclaves como as torres de Oeste de Catoira. Tras unha parada na Adega de Pazo de Baión, visítase o centro histórico de Cambados e realízase unha travesía pola Ría de Vigo con desembarco na illa de San Simón.

Os interesados en coñecer todo o que vira en torno ao viño de Monterrei poden facelo percorrendo esta ruta o 17 de agosto, para o que aínda quedan prazas e que inclúe unha degustación no Castelo de Monterrei e unha visita á adega Terras de Gargalo e ás vilas de Verín e Allariz. Unha degustación de queixos no Ecoespazo de Rexo e unha visita á Colexiata Xunqueira de Ambia será a antesala dun final do percorrido na estación de ferrocarril de Baños de Molgas.

A campaña de trens turísticos da Xunta recibe unha mención especial nos premios 'Rail. XUNTA
A campaña de trens turísticos da Xunta recibe unha mención especial nos premios 'Rail. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta