Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2024 | Actualizada ás 13:56
O PSdeG esixiu á Xunta o "desbloqueo" dos proxectos de sete edificios para a docencia e investigación nos campus galegos por "falta de fondos". Para iso, o portavoz de Educación do Grupo Parlamentario Socialista, Xullo Abalde, rexistrou unha batería de iniciativas na Cámara galega.
Os socialistas explicaron que, estes proxectos, "están parados por falta de fondos", a pesar de que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, "hai un ano asinou coas tres universidades" un plan de Infraestruturas para 2023-2026 que contempla a súa execución. Xullo Abalde criticou que o Executivo autonómico "contemplou entón a mobilización de 100 millóns de euros" para o financiamiento desas obras, pero "só dotou o plan con 40 millóns".
Ademais, continuou, o custo desas infraestruturas "está ao redor de 137 millóns de euros". "As universidades non teñen outras vías de financiamento que non sexan as taxas e a achega da Xunta", lembrou o deputado socialista. Por iso, esixiu que nos próximos orzamentos incorpore "un incremento" nese plan de infraestruturas para que "sexa posible" que os sete campus dispoñan deses edificios para a docencia e a investigación, que "son tan necesarios".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.