Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2024 | Actualizada ás 20:34
Unha muller resultou ferida de consideración tras chocar o vehículo no que circulaba pola autovía A-52, ao seu paso polo municipio ourensán de Xinzo de Limia, contra un camión articulado.
Segundo informou a Garda Civil, o sinistro produciuse ás 15.55 horas no punto quilométrico 181,5 desta autovía en sentido Benavente. Consistiu nunha colisión por alcance dun turismo Renault Megane --de matricula portuguesa-- a un vehículo articulado que transportaba botellas de vidro desde Arbo a Logroño.
A colisión produciuse nun tramo recto e con boa visibilidade, polo que os axentes non descartan a somnolencia ou distracción da condutora do turismo, que tivo que ser trasladada polos servizos sanitarios ao Hospital de Verín.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.