Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2024 | Actualizada ás 10:48
A Xunta publicou este martes no Diario Oficial de Galicia a convocatoria que regula as bases para concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privada para o fomento e a realización deste tipo de accións de carácter altruísta e solidario. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Cultura dotada con preto 135.000 euros para que leven a cabo accións de sensibilización, formación e coordinación nesta materia.
O prazo para ter acceso a esta liña de subvencións estará aberto desde este mércores e durante un mes, ata o 6 de setembro. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Administración autonómica. Un total de 748 entidades de acción voluntaria de carácter privado beneficiáronse desde 2019 dos máis de 940.000 euros que repartiron esteas axudas.
Segundo as bases publicadas, estas entidades deberán levar a cabo accións de sensibilización co obxecto de difundir entre toda a sociedade galega a importancia e o valor da participación solidaria de carácter voluntario. Trátase de fomentar o voluntariado a través de actividades de sensibilización, como desenvolvemento de xornadas, seminarios, charlas e actividades dirixidas a dar a coñecer a realidade das entidades de acción voluntaria, así como á promoción e captación de voluntariado.
De igual maneira, terase en conta que realicen campañas que fomenten a sensibilización da sociedade galega cara ao voluntariado e ás súas organizacións. Nesta liña, entrarían aqueles estudos encamiñados a coñecer a realidade do voluntariado galego nos seus diferentes niveis de actuación: autonómico, provincial, local ou comarcal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.