O galeguismo pide que Nós se guíe polo principio do humanismo

Aposta por"construír un marco Nacional de acción política común, aberto a toda a sociedade e cidadanía, eficaz institucionalmente e sostible.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 06/12/2015 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

"Un NÓS que se deixe guiar ideoloxicamente polo principio de que é a humanidade quen constrúe os sistemas sociais, os marcos participativos a disposición da cidadanía, as praxes económicas e os conceptos mesmos de Nación ou Estado e que, precisamente porque os construtores somos os seres humanos, todos eles están sometidos a revisión constante e ningún é unha realidade eterna nin un feito que determine -ou deba determinar- unha imposición doutrinal dogmática para as persoas".

Cabezas de lista de Nós-Candidatura Galega
Cabezas de lista de Nós-Candidatura Galega | Fonte: Cadenaser.com

É a petición que lle fai o Partido Galeguista á candidatura Nós, da que forma parte, e da que di, comparte os obxectivos de "construír un marco Nacional de acción política común, aberto a toda a sociedade e cidadanía, eficaz institucionalmente e sostible".

Nun comunicado, esta formación suliña que se atopa "totalmente comprometida" na tarefa de tomar a iniciativa e ofrecer a cidadanía unha proposta sociopolítica alternativa para Galicia. "Un NÓS que é un acto de rebeldía diante do establecido e a máis clara expresión do compromiso que, dende a diversidade, nos une coa nosa lexítima e histórica reivindicación da Identidade Nacional Galega na súa máis ampla e soberanista interpretación", indica.

Así, aposta por reivindicar "un longo camiño histórico" e uns valores herdadosque converxen nunha "única realidade identitaria". "Pero pretender vivir da historia é dar un decidido paso cara á extinción, porque nin os dereitos nin as liberdades se herdan senon que teñen que ser conquistados día a día e por cada xeración", engade.

Por iso, suliña que Nós defende "as formas e valores da conciencia cívico-cultural nacional galega, dentro e fóra dos límites da Galiza territorial" e "unha axenda de liberdades para a cidadanía que devólvalles o dereito a ser e exercer como cidadáns libres".

"Todos somos conscientes de que as solucións que reclama a Identidade Nacional Galega dificilmente virán da man da confrontación e o minifundismo político e que, en consecuencia, ningún esforzo ou concesión serán excesivos", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

9 antonino

Que lamentabel vai ser o día 21 sen representación nacionalista galega no parlamento español. Os cainitas do que foi o bng (beiristas e nomeadamente UPG) acabaron con todo. A UPG so lle queda xestionar a miseria e o enterro do morto. Que magoa de campaña para os que somos nacionalistas decentes e non pertencemos a ningunha seita.

8 CostaDaMorte13

Vai o BNG morrendo e vai aprendendo: 10 Principios humanistas: 1.Principio do recoñecemento do outro 2.Principio de respecto pola diversidade de opinións, pluralidade de ideas e diferenzas individuais 3.Principio de tolerancia ante a ambigüidade e a incerteza. 4.Principio da comunicación asertiva 5.Principio de expresión emocional 6.Principio de empatía 7.Principio do cooperativismo 8.Principio de pensamento critico, reflexivo e diverxente para a resolución de conflito 9.Principio de clarificación de valores 10. Principio de responsabilidade individual

7 Brinco

Un do PPSOE: no eres gallego eres español. Un de NÓS: non es galego es español. Habemus confluencia máis aló que na defensa do idioma de cada un.

6 Ana

Impresionante o discurso de Beiras defendendo o "dereito a decidir". Podedes ver o video subido a youtube co titulo seguinte: "6D: Hagamos historia de nuevo"

1 Toñy Vierax

O dereito a decidir dentro do réxime monopolista da monarquía española.

5 cacheira

Beiras fai moito tempo que tiña que ter dado este paso, e non deixar que o putearan tanto tempo. O BNG o que ten que facer, e quitarse a máscara e ir co PSOE, que é con quen mellor se entende. Aquí non vamos medir quen é mais galego, senon mirar pra os feitos. Adiante coa Marea!!