Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2024 | Actualizada ás 11:51
Efectivos de Salvamento Marítimo rescataron ao tres tripulantes dun pesqueiro que se afundiu por unha vía de auga a dúas millas ao sur de Cabo Fisterra.
Segundo informou Salvamento, a alerta recibiuse no centro de coordinación de Fisterra pouco antes das 9,00 horas. O alertante foi o barco Meira da Costa, que informaba de que había unha embarcación con problemas chamando pola canle 16 de VHF.
Salvamento Marítimo contactou entón co pesqueiro en dificultades, Tamara, confirmando que tiña unha vía de auga e que se atopaba a dúas millas ao sur de Fisterra. Desde o Centro de Coordinación dixeron aos tripulantes que se puxesen os chalecos salvavidas e, de inmediato, mobilizaron ao buque Don Inda e ao helicóptero Helimer 401, ambos con motobomba.
Ás 9,08 horas, a embarcación de recreo Batega rescatou aos 3 tripulantes do pesqueiro e confirmou que está afundida unha cuarta parte do barco. A Salvamar Regulus foi mobilizada para tentar o remolque coa auxiliar do buque Don Inda, pero, finalmente, o pesqueiro afundiuse sobre as 10,00 horas. Mobilizouse o avión Sasemar 305 para vixilancia de restos de contaminación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.