A CIG fala de "éxito" na folga das ITV galegas asegurando un seguimento do 95%

Os traballadores reclaman avances tras anos de "salarios conxelados" a pesar dos incrementos de prezos nas taxas a pagar polos usuarios e os "beneficios de 22 millóns de euros" da compañía

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2024 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

A CIG celebrou o "éxito" da primeira do catro xornadas de folga convocadas este mes na ITV galegas, que a central nacionalista asegura que tivo un seguimento do 95% dos traballadores.

Nun comunicado emitido este luns, a CIG mostrou a súa satisfacción polo transcurso do primeiro día de folga, o pasado día 10, ao que seguirán as convocadas o tres próximos sábados de agosto (días 17, 24 e 31).

A central nacionalista censura a falta de "achegamento" coa empresa concesionaria do servizo en Galicia, SyC Applus, á que piden que poña sobre a mesa "avances" respecto dunha primeira proposta inicial "que apenas variou".

Censuran que a concesionaria, que ten o servizo de ITV nas estacións galegas desde o ano 1987, "permaneza inmóbil" cando os traballadores "rebaixaron as súas pretensións para tratar de achegar posturas e facilitar o proceso de negociación".

Ademais de dirixirse á empresa, a CIG tamén apunta á responsabilidade da Xunta como responsable da competencia, á que piden que traslade a documentación sobre os termos da concesión.

Os traballadores reclaman avances tras anos de "salarios conxelados" a pesar dos incrementos de prezos nas taxas a pagar polos usuarios e os "beneficios de 22 millóns de euros" da compañía.

Ademais de melloras nas retribucións, a parte social tamén demanda cuestións relativas á xornada e os días de libre disposición, a "eliminación" das diferenzas entre o persoal de nave e igualar o plus de quenda que varía en función da categoría.

Concentración de traballadores da ITV galegas na primeira xornada de folga convocada para o sector en Galicia. CIG
Concentración de traballadores da ITV galegas na primeira xornada de folga convocada para o sector en Galicia. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta