Por Galicia Confidencial | A Coruña | 09/12/2015 | Actualizada ás 09:00
O partido de Albert Rivera non ten estrutura en Galicia. E, a pesar diso, as enquisas apuntan que pode sacar entre 1 e 2 deputados. Uns resultados que obtería sen facer unha potente campaña electoral como están realizando outros partidos.
Na Coruña, por exemplo, son varios militantes e simpatizantes desta formación os que divulgaron nos pasados días o programa electoral nas rúas sen a presenza de ningún candidato ao Congreso ou ao Senado. E, a pesar de que a formación laranxa anunciara que a cabeza de lista pola provincia da Coruña ao Senado por Cidadáns, Jorge Quindimil, estaría este martes na praza de María Pita nun acto informativo, finalmente, non acudiu.
A propaganda electoral que se reparte é a do partido en xeral, sen ningunha alusión a Galicia. Precisamente, o seu cabeza de lista para o Congreso, Antonio Rodríguez, aclaraba a pasado fin de semana que as ideas para Galicia chegarán a partir do 20D.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.