Os mozos galegos queren traballar con robots e ter como xefes a Aitana e Carlos Alcaraz

Así o recolle a enquisa realizada por Adecco aos mozos galegos, entre os que os homes se decantan por ser futbolistas de maiores (26,5%) ou policías (17,6%) mentres que elas fano por converterse en veterinarias (22,2%) ou profesoras (18,5%)

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2024 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

O tenista Carlos Alcaraz e a cantante Aitana son os xefes que desexarían ter os mozos galegos, aos que lles gustaría mayoritamiente traballar con robots.

Así o recollen a enquisa realizada por Adecco aos mozos galegos, entre os que os homes se decantan por ser futbolistas de maiores (26,5%) ou policías (17,6%) mentres que elas fano por converterse en veterinarias (22,2%) ou profesoras (18,5%).

Pola súa banda, elas escollen a Aitana (23,5%) como a súa preferida para ser a súa xefa, seguida da futbolista Alexia Putellas (14,7%) e Lali Espósito (11,8%). En cuarto lugar, elixen o seu profesor (8,8%).

Eles quedan con Carlos Alcaraz (24,2%) como o seu favorito, ao que segue a futbolista Alexia Putella (18,2%). A continuación, sitúanse o youtuber Ibai Chairos (15,2%) e o presentador David Broncano (12,1%).

Para os nenos e nenas galegas, as noticias máis relevantes deste ano foron a guerra en Palestina (24,3%), a contaminación de pellets na costa galega (13,5%) e do ascenso do Deportivo da Coruña (10,8%).

Preguntados sobre o perfil do que consideran un bo traballador, os nenos e nenas de Galicia cren que a principal característica que o define é a actitude (26,7%), despois os seus trazos e personalidade (22,9%), a súa preparación/formación (13,3%) e a capacidade de traballar en equipo (11,4%).

No caso de fundar unha empresa, os mozos montarían unha tenda de deportes (35%), un establecemento de venda de lambetadas (30%) ou unha tenda de drones (15%); mentres que as mozas decántanse pola tenda de chuches (28,65), unha canle de Youtube (23,8%) e unha clínica de psicoloxía (14,3%).

Preguntados sobre a posibilidade de traballar con robots no fututo, ao 64,3% dos nenos e o 62,5% das nenas galegas gustaríalles ter como compañeiros de traballo a un robot. Para ambos, as profesións do futuro estarán relacionadas coa pilotaxe de naves espaciais, condutores de coches voadores, camareiros e directores de robots.

Carlos Alcazar e Aitana, elixidos como os xefes soñados para os máis novos do noso país
Carlos Alcazar e Aitana, elixidos como os xefes soñados para os máis novos do noso país | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta