Activo un incendio en Cualedro que leva arrasadas 8,7 hectáreas

O lume está localizado na parroquia de Baldriz, no citado municipio ourensán e comezou sobre as 15.13 horas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 15/08/2024 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

Un incendio permanece activo no municipio de Cualedro, na provincia de Ourense, segundo informaron a Europa Press desde a Consellería do Medio Rural. O lume está localizado na parroquia de Baldriz, no citado municipio ourensán e comezou sobre as 15.13 horas. A superficie afectada ascende a 8,7 hectáreas, apuntaron tamén. No lugar, atópanse seis axentes, once brigadas e dous técnicos, ademais de medios materiais: seis motobombas, dúas pas, cinco avións e catro helicópteros.

Árbores de eucalipto arden durante o incendio
Árbores de eucalipto arden durante o incendio | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta