Rouban por terceira vez na pisicina de Coirós en 20 días

Tras forzar a fechadura da porta de entrada, os dous individuos romperon a fechadura da porta da cafetaría.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/08/2024 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

A piscina de Coirós rexistrou por terceira vez, en 20 días, un roubo, segundo informa o consistorio, que alude a "desfeitas" en portas, fechaduras e a máquina expendedora. Segundo explica, dúas persoas accederon ás instalacións ás 22:45 horas, tal e como se pode comprobar nas gravacións das cámaras de seguridade que vixían o recinto.

Tras forzar a fechadura da porta de entrada, os dous individuos romperon a fechadura da porta da cafetaría. Nesta dependencia é onde están as máquinas expendedoras, unha para refrescos e outra de café.

Nesta ocasión os danos sufriunos a expendedora de café, que estaba fóra de servizo e sen diñeiro no seu interior. A de refrescos non se reparou tras os anteriores roubos e permanece co cristal roto e sen alimentos nin bebidas. Ante o terceiro episodio delituoso sufrido na piscina municipal da Cortella, o alcalde Francisco Quintela, reclama información sobre o estado das investigacións e urxe actuacións.

Piscina convertible de Gandia. AYTO
Piscina convertible de Gandia. AYTO | Fonte: ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta